Susana Martínez Rodríguez
2026.2.3Cooperativismo e Economia Social
Abstract
Este artigo recolle as principais ideas encol do cooperativismo escritas por Joaquín Díaz de Rábago, o economista galego máis importante dasegunda metade do XIX (1837-1898). O presente contribúe a encher unha lagoa do acervo histórico galego, posto que a falta de estudos especializados sobre a tarefa intelectual do pensador económico e xurista resulta notoria. A investigación efectuada sobre as súas obras desvela aproximacións particulares a propósito das cooperativas, do creto popular, e da súa aplicación ó creto agrícola, e parte delas constitúen unha aportación orixinal ó panorama económico español da época. Ademáis, a pescuda da súa producción científica internacional maila súa correspondencia persoal puxeron de manifesto que a pesar da modesta trascendencia das súas ideas na península gozou de apoio en prestixiosos foros de debate europeos, a onde foi invitado en numerosas ocasións; e tamén foi membro das asociacións cooperativistas máis prestixiosas daquel intre.
Citation format
RODRÍGUEZ, Susana Martínez. Joaquín díaz de rábago (1837-1898). un economista galego entre os pioneiros do cooperativismo en españa. Cooperativismo e Economia Social, 2026: 69–83.