Xaquín Núñez Sabarís
2025.10.23Abriu-Estudos de Textualidade do Brasil Galicia e Portugal
Abstract
Este artigo examina o intercambio teatral entre Galicia e Portugal a través de dúas producións recentes do Centro Dramático Galego (CDG): A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (2021) e Manuela Rey is in da house (2023). Dirixidas por Fran Núñez, estas obras céntranse no canon teatral galego mediante a reescritura e resignificación de textos clásicos e figuras históricas. A través da ironía, a interacción co público e unha posta en escena innovadora, propoñen unha lectura contemporánea do patrimonio teatral, integrando elementos da performance e da dramaturxia posmoderna, para cuxo estudo nos apoiaremos nos conceptos de posmemoria e posdrama. A análise pretende evidenciar, xa que logo, a función do teatro público na construción da memoria cultural e na creación dun espazo escénico transfronteirizo, onde o diálogo luso-galaico se materializa en estruturas de cooperación institucional e creativa.
Citation format
SABARÍS, Xaquín Núñez. Patrimonio teatral, (pos)memoria e intercambio con portugal na programación do centro dramático galego: Entremés famoso (1921) e manuela rey (1923). Abriu-Estudos de Textualidade do Brasil Galicia e Portugal, 2025.